CRTVG

Buscar

Hai caldo!

Programa 4: Co rapeiro Ricky Home Libre e coa 'youtuber' Percebes e Grelos, Carolina Iglesias

23/02/2020 23:30 h

No cuarto programa Adrián convida ao rapeiro Ricky Home Libre, que nos contará como lle vai co seu andar musical. E ademais, por primeira vez na historia veremos a Adri marcarse un rap a dúo con Ricky. E non sae mal de todo!

A segunda convidada será a cómica, guionista, escritora e youtuber Carolina Iglesias, mais coñecida como Percebes y Grelos. Con ela terá Adrián o seu particular Cara a Cara, onde sairán á luz segredos inconfesables. E, por suposto non faltarán as colaboracións de Charlie e Olaya Rivas, esta última cunha reportaxe sobre a moda do agrochic gastrosexual.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: