CRTVG

Buscar

Grandes cafés

A Coruña, Lugo e Baiona

26/01/2023 00:30 h

No día de hoxe visitaremos tres novos cafés nas cidades da Coruña e Lugo e na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra. Na Coruña, estaremos no café La Dársena, onde falaremos co dono do local, Jorge Espasandín, con Tonecho, que contará a historia do local, e cos clientes, José Francisco Freire e Ramón Astray. O grupo Fua interpretará un “popurri” de temas de Michael Jackson.

En Lugo, no Café do Centro falarán Antonio Blanco Lázaro, encargado do establecemento, Jorge de Vivero, escritor e a clienta Herminia Piñeiro. Silvia Viñas e Adrián Arias interpretarán “Between the Bars”.

En Baiona no café do Parador agárdannos Uxia López, do equipo de dirección, Román Raña, xefe de sala e o cliente Fernando Bartolomé, escritor e historiador. O grupo de pop Kaf interpreta o tema “Miedo”.

Atopar capítulo por: