CRTVG

Buscar

A Gran Familia

A Gran Familia: Recantos 2012

17/07/2012 23:00 h

O programa “Recantos: a gran familia” marca a conta atrás para a gran final do concurso de novos valores da canción, Recantos, que puxo en marcha o programa musical “Luar” durante esta tempada e que culmina o venres 20 coa elección do gañador. Cando faltan tres días para esta final, o especial presentado por Maret (gañadora da última edición do concurso), ofrece a posibilidade de achegarlles aos trinta e cinco recanteiros que participaron ao longo de distintas fases para coñecer como se vive a emoción dunha eliminatoria.

Este seguimento especial dos novos talentos da canción que está a descubrir o programa “Luar” serve tamén para coñecer cal foi a evolución de cada candidato ao longo destes meses de participación en “Recantos”, a través das súas distintas actuacións, así como o apoio recibido por parte da súa contorna á hora de prepararse e de superar cada fase do concurso. Os dous finalistas desta edición serán obxecto dunha reportaxe especial para saber como se están a preparar para a gran final do venres, en “Luar”.

Coñecer como é o día a día, xunto ás familias e nas súas respectivas localidades, de Alba Caamaño (Costa da Morte), Dúo Milenium (Ourense norte), Dani (Pontevedra), Lilí dos Toxos (A Mariña), Carolina López (A Coruña), Triple (Ourense oriental), Alfonso e Rubén Diumaró (Vigo), Alejandra (terras de Lugo), Cecilia (terras do Eume), Tamara (Ribeiro), Cristina Salgado (Galicia centro), Bruno (Terra Chá), Cristina Vázquez (terras de Compostela), Mar Rivero (Ourense sur), Ielas Cantan (Arousa), Alba Moreiras (Lemos) e Maite (Noia – A Barbanza).

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: