CRTVG

Buscar

Gran Cambio

Programa 24: Sergio Vallejo

12/03/2011 22:04 h

"Gran Cambio" entra na décima semana, en que a diferenza entre Begoña e Miguel, do equipo azul, é de 1010 puntos, namentres que Maricarmen e Graciela, primeira e última do equipo amarelo, tan só están separadas por 15 puntos. A igualdade no equipo amarelo, despois de nove programas de competición, é máxima e pode ser que sexa a clave do seu éxito.

No repaso aos acontecementos que os concursantes viviron durante a semana, Graciela cóntanos que ten pensado casar este ano e que, como a toda noiva, faille moita ilusión escoller o traxe, así que fomos con ela e con Begoña a probar uns cantos deles para ver como lle sentan a esta panadeira, despois de nove semanas de "nova vida".

Dentro das actividades deportivas da semana, os concursantes acudirán a unha pista de karts para xogarse os derradeiros puntos por equipos, con Sergio Vallejo, o campión de España de rallys de 2009, dándolles consellos para que os aproveiten durante a carreira. Ao concluír a proba, que equipo terá que abandonar o programa? Será o equipo azul e con el Begoña, a concursante que individualmente ten máis puntos?

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: