CRTVG

Buscar

Galicia viva

Programa 12

21/11/2017 19:00 h

O programa visita en Lugo un taller e empresa de aluguer de vehículos clásicos, onde nos ensinan coches antigos e curiosos, coma o Lancia Delta, que conducía o rei Felipe VI a finais dos anos 80,m ou vehículos que pertenceron ao tenor Alfredo Kraus. 

“Galicia Viva” tamén se interesa polas actividades que ao longo da semana organizan os comerciantes de Carballo con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero. 

Outra reportaxe afonda no proxecto “Cústame por un ovo”, que leva a cabo o cura da parroquia de San Antonio de Padua en Lugo. Trátase dunha iniciativa solidaria en que veciños e voluntarios se ocupan dun corral de galiñas onde se poden ir mercar ovos ou facer unha doazón para os máis desfavorecidos. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: