CRTVG

Buscar

Galicia On

O Camiño de Santiago

14/01/2018 10:30 h

O camiño de Santiago transformouse nun produto turístico que atrae á capital galega arredor de 300.000 peregrinos ao ano. Estas cifras fixeron medrar, nos últimos tempos, a oferta de ferramentas e servizos orientados aos visitantes que emprenden a ruta a Compostela. 
Coñecemos algúns innovadores exemplos, como os paqs da empresa Correos. Desde mochilas ata bicicletas, trátase do transporte de equipaxes no Camiño, moi útil para nenos ou para persoas que non poden cargar peso.
Logo de acompañar a esta empresa na súa andaina, o programa vai ata Turismo de Galicia para falar do proxecto “Smart Camiño” desenvolvido en colaboración coa Amtega. O obxectivo é aplicar a tecnoloxía á Ruta Xacobea para facer de Galicia un destino turístico intelixente. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: