CRTVG

Buscar

Galicia Lipdub

Oleiros

14/09/2014 20:00 h

Situado no noroeste de Galicia e formando parte da comarca das Mariñas atópase o concello de Oleiros, un dos espazos turístico-residenciais de maior calidade de Galicia, a onde esta fin de semana viaxan os “perrucas rosas” de “Galicia Lipdub”, grandes amantes da natureza e da festa.

O espazo da TVG visitará o Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes, as salvaxes praias da zona, onde bañarse ou surfear, e os numerosos parques, onde se pode pasear, xogar ou ler tranquilamente.

Pero cal será o tema escollido para esta última entrega da temporada de “Galicia Lipdub”? O grande éxito do verán de Enrique Iglesias, versionado polos galegos Monoulious DOP co título “Jalando”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: