CRTVG

Buscar

Galicia canta

Programa musical de corais, que presenta Iolanda Vázquez

29/12/2012 22:30 h

 En Galicia existen 251 corais federadas que agrupan máis de 8.000 galegos, ademais de todas as asociacións, coros e formacións vocais de todo tipo que de xeito afeccionado contribúen a que na nosa comunidade miles de persoas canten en compañía. O programa “Galicia Canta”, presentado por Iolanda Vázquez, recolle ese espírito cantareiro para demostrar que os galegos somos xente que cantamos e que o facemos moi ben.

 Como o obxectivo do programa é atopar o sitio de Galicia onde mellor se canta, catro reporteiros percorren a xeografía galega dispostos a resolver tan difícil cuestión. As capitais de provincia, Carral, Cuntis, Guitiriz e Carballiño serán algunhas das vilas por onde pasan no seu afán por atopar a localidade galega que mellor canta.

Lucía Pérez, Luís Iglesia, Maret, Patricia Vázquez, o Xabarín, Rosa Cedrón, Quique Morales e Teté Delgado son os famosos que actúan de padriños e madriñas das distintas corais.
 
“Galicia Canta” conta cun coro propio creado a propósito para a ocasión e que está composto por algunhas das voces máis prometedoras do panorama musical galego.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: