CRTVG

Buscar

Fóra da Casa

Coñecendo xente na viaxe

29/06/2013

O programa acompaña a Wicho, pai da familia Predeira Aldao, que é responsable dos sistemas informáticos dos museos científicos da Coruña, cidade onde vive. Ademais, é coautor do blog Micosiervos, o cal implica estar viaxando continuamente, perdendo tempo para estar con Susana, a súa muller, e Javier e Marta, os seus fillos.  

A familia Chao López, de Vigo, está composta por Pablo, o pai, que traballa na delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra; o fillo, Manel, de só 5 anos, e Emma, a nai da familia, que traballa como xuíza internacional de baile deportivo. É precisamente o traballo de Emma o que provoca que teña que viaxar ata Salou para estar nun novo campionato de baile de salón. Isto implica que Pablo ten que multiplicarse para traballar, atender o neno e facer as tarefas do fogar. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: