CRTVG

Buscar

Favoritos

Favoritos Nadal 2019

26/12/2019 20:00 h

O programa Favoritos ofrece un resumo do máis entretido, divertido e curioso que pasou no mundo de Internet durante o 2019. Gozaremos da música, veremos a Rosalía, pero tamén outros artistas de éxito, como Miki Nuñez e Leiva, ou o que fai a canle de Whitout Music, que reúne moitos seguidores.

Descubriremos os bailes de Bollywood, o K-pop levaranos ás pistas de baile de Corea do Sur e escoitaremos os habituais, os irmáns Jonas ou Luis Miguel. E gozaremos de actuacións de divas como Taylor Swith, Ariana Grande, Lola Indigo e Aitana. Este resumo estará salpicado tamén con vídeos de Nadal, co máis viral das redes, onde se amosará a decoración da mansión das Kardashian e a tradicional actuación de Mariah Carey.

Este programa comentará, amais, as noticias máis curiosas que tiveron lugar nas redes sociais, como o fenómeno Marie Kondo, que motivou a todo o mundo a ordenar as súas casas, ou coñecer os mellores retos de Tik Tok, entre outras moitas. Neste senso, haberá un resumo dos mellores Youtubers americanos, como Jeffree Star e James Charles, e de influencers, como Dulceida, para amosar o que pasou na súa festa de aniversario.

Serán protagonistas tamén os nenos, algunhas personalidades que sorprenderon ao longo de 2019 e as historias máis divertidas con animais, porque cando remata o ano fai ilusión repasar todo aquelo que fixo rir e emocionar durante tantos meses.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: