CRTVG

Buscar

Falámolo

Falámolo: Taxis

27/06/2012 01:00 h

  Cando collemos un taxi, descoñecemos normalmente tanto os nosos dereitos de usuarios coma os deberes e obrigas que ten quen nolo presta, sen ter en conta que o taxi non deixa de ser un servizo público que debería estar regulado en toda Galicia,  pois se aplican diferentes tarifas, cóbranse suplementos que non se deben cobrar e, ás veces, cométense abusos e irregularidades na prestación do servizo, como se reflectirá no “Falámolo” de hoxe, que presenta Victoria Rodríguez. 

   Partindo de que Galicia disporá en breve da primeira lei que regula o sector do taxi, un servizo do que viven en Galicia máis de catro mil familias, o programa de debate social analizará a situación actual dos taxis, taxistas e usuarios e recollerá a súa postura sobre o próximo marco legal, coa participación no estudio de especialistas na materia, que son   Manuel Sánchez Quindimil , presidente da Federación de Autónomos do Taxi de Galicia; Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, e Miguel Rodríguez Bugarín, catedrático da Área de Enxeñería e Infraestrutura dos Transportes e director xeral de Mobilidade da Xunta.
   

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: