CRTVG

Buscar

Eu son da TVG

Eu son da TVG

15/09/2012 20:00 h

Os espectadores da canle pública galega teñen cumprida conta de todas estas estreas e novidades no programa especial “Eu son da TVG”. Os galegos, sen dúbida, somos da Televisión de Galicia. Este é o fío condutor dun espazo que despide o verán cunha gran consolación, xa que volven os grandes programas e as grandes series que tantos afeccionados teñen en Galicia.

 Este especial fala cos espectadores, que contan que é o que máis lles gusta do “Luar”, quen cren que é o malo máis malo de “Matalobos” e dan a súa opinión sobre as protagonistas da “Escoba!”. “Eu son da TVG” tamén se interna nos ensaios da nova tempada de “Matalobos”, “O clan dos impostores”, “Era Visto!” ou “Tourilandia” para desvelar todo o que teñen preparado para a súa volta. O programa dedica tamén un espazo a “No bico un cantar” e fala coa directora da nova gran aposta da TVG para a faixa vespertina, “A Revista da tarde”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: