Estache bo!
Feixóns negros e verza branca
21/01/2021 19:30 h
Ingredientes:
• 300 gr. De feixóns negros cocidos • 1 verza • 1 cebola • 1 anaco de touciño • 1 chourizo • 2 dentes de allo • 2 rabos de porco desalgados e cocidos • Sal e pementa • Aceite de oliva
Elaboración:
Nunha pota rapida cocemos os feixóns, o rabo, o touciño e a cebola durante uns 35 minutos. Reservamos a auga e picamos a carne. Nunha tarteira sofritimos o allo e o chourizo. Engadimos a carne, as verzas e os feixóns. Poñemos a punto de sal e deixamos cocer uns 10 minutos. Empratamos e listo para comer...!!!
Rafa Durán viaxará ata La finca de los cuervos para recoller verza branca, ingrediente importante para a receita de hoxe.