CRTVG

Buscar

Especial musical

París de Noia, Panorama e Combo Dominicano. Hoxe non imos durmir

16/06/2019 22:20 h

Especial das tres grandes Orquestras, y con mais popularidade, Paris De Noia, Combo Dominicano e Panorama, grabado en directo o 24 de Maio de 2019 no recintio ferial de Silleda, neste especial veremos os mellores numeros de cada unha das formacions da xira 2019.

Nesta gala, que leva por título ‘Hoxe non imos durmir’, a París de Noia, a Panorama e o Combo Dominicano ofrecerán o seu primeiro concerto conxunto para a TVG. En ‘Hoxe non imos durmir’ tamén se verán os números máis vistosos e preferidos polos seus seareiros, amais de ver sobre o escenario as novas fichaxes de cada orquestra. Entre as incorporacións deste verán, cómpre salientar a Fátima Pego e Irene Iglesias pola Panorama; na París de Noia, a Santi Pulido e Lucía Sánchez, e a Arodi Ilanos e Suso del Rosario no Combo Dominicano, que tamén presentará nesta actuación o seu novo escenario. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: