CRTVG

Buscar

Enrede

Cap. 11. Roger de Flor na Sala Super 8 de Ferrol

11/04/2012 23:00 h

Na edición de hoxe actúa un dos cantautores galegos das vangardas: Roger de Flor. Música de autor, ecléctica, onde caben acenos ao pop, ao rock, ao swing, arranxos ás veces jazz ou blues .... Sempre cun aire inconfundible, orixinal, propio, un aire destes tempos. A súa voz, ten un estilo lírico que vai a medio camiño entre a declamación e o canto, coma se de poesía musicada se tratase. Roger de Flor faise acompañar nos seus concertos por unha banda de músicos consagrados e xuntos ofrecen un espectáculo diversificado en estilos e riqueza de timbres onde o resto dos instrumentistas cobran tamén todo o protagonismo coma se dunha banda de rock se tratase. Conseguindo unha animada interacción co público, algo que lle dá vigor escénico ao proxecto.

Usando o paradigma da nosa literatura medieval, as cancións de Roger de Flor oscilan entre o que son as "cantigas de amor" (ou como el mesmo di, de desamor), con pinceladas de "amigo", habendo tamén sitio para o escarnio, o desencanto social, a sátira, desde unha óptica tamén de humor, ironía, e de retranca tan galega. (Pikin Floyd).

Todo isto verémolo esta noite no escenario da sala Super 8, xestionada por Rubén Coca, local emblemático para a música de Ferrol e que xa antes fora a sala Run Run.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: