CRTVG

Buscar

Eirado

Roberto Pascual / Marina Mayoral / María Puertas / Miguel Anxo Fernán-Vello

30/06/2013

Entrevista a Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), un festival que chega este ano ata á súa 29ª edición e que dá comezo o 19 de xullo.

Outra convidada é Marina Mayoral, escritora e catedrática emérita da Universidade Complutense de Madrid, quen fala da súa última obra, “O anxo de Eva”.

Mon Santiso visita o estudo de María Puertas, unha pintora que nos amosa mediante as súas obras a técnica da pintura sobre metacrilato.  A sección de cine fai unha homenaxe ao actor Xosé Manuel Olveira “Pico”, recentemente falecido.

O libro recomendado é “Habitación do asombro”, de Miguel Anxo Fernán-Vello. Actuación de Alonso Caxade.

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: