CRTVG

Buscar

Ecce Perdomo

Rosalía de Castro

25/09/2019 00:30 h

Este capítulo de Ecce Perdomo é moi especial, non só por ser o último da temporada, senón porque David Perdomo se transformará nunha personaxe fundamental na historia de Galicia, unha muller que todos coñecemos e admiramos, cunha voz propia e inconfundible: Rosalía. A nosa, a de Castro! Non vos vaiades confundir, que hai moito despistado ultimamente. Para conseguir impregnarse dos airiños, airiños, aires rosalianos, Perdomo acudirá á Casa Museo Rosalía de Castro, onde o recibirá a experta Pilar García Negro para explicarlle que a nosa escritora más querida, contrariamente ó que se pensa, era unha muller de armas tomar. Despois desta introdución, Perdomo reunirase con Fernando Pereira, un verdadeiro fan e coleccionista de Rosalía, que nos contará como a poeta do Sar chegou a ser toda unha icona pop. Na terceira entrevista coñeceremos o cantautor punk O Leo i Arremecághona, que mestura o xenio de Rosalía co ritmo de Georgie Dann, valéndose da “retranca Kung Fu” que tanto lle gustaba á escritora. Por último, non podía faltar a auténtica protagonista deste programa: daremos unha volta por Santiago nada máis e nada menos que ca auténtica Rosalía de Castro! Tra-tra!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: