CRTVG

Buscar

Doutra banda

Especial resumo - Contrastes

07/09/2014 11:00 h

O programa “Doutra Banda”, que cada semana ofrece un exercicio de contraste entre os modos de ser, de actuar, de sentir e de pensar na Galicia actual, remata hoxe temporada cunha edición especial resumo que aproveitará testemuños inéditos en enfrontamentos renovados. 

A estas alturas, os espectadores da TVG saben ben que sempre hai polo menos dúas bandas: de arriba e de abaixo, de aquí e de acolá, de antes ou de de despois, de esquerda ou de dereita; e ás veces máis, como os poderes, os pecados ou as cartas da baralla. 

Neste último programa, a audiencia reencontrarase con espantallos fronte a cirurxía plástica, animais e máquinas, uniformes e disfraces, acróbatas e costureiras, fidelidades e traizóns, arquitectura e ocorrencias construtivas. Cara ao final, “Doutra Banda” descubrirá que, dados a mirar, a ollada dos nosos pode ver unha piscina no canto dunha poza ou un salgadoiro no lugar dunha bañeira.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: