CRTVG

Buscar

Doutor en Galicia

Programa 7

18/01/2020 20:15 h

Pilar Martínez traballa como médico pediatra no Centro de Saúde Rosalía de Castro de Vigo. A piques de xubilarse contaranos como é o seu día a día e coñeceremos a súa faceta máis solidaria, xa que é fundadora da ONG Daman que desenvolve o seu labor no Senegal.

No Hospital de Montecelo de Pontevedra, a anestesista Marina Varela, descubriranos que a área do anestesista estendese dende o preoperatorio, onde se realiza unha proba para ver se o doente pode someterse á operación, pasando pola intervención e a reanimación, logo de saír do quirófano. Con ela visitaremos a sala onde se reúnen para avaliar cada paciente.

O doutor Vázquez Estevez é xefe da área de oncoloxía do HULA. Contaranos os últimos avances na detención do cancro a traveso dos análises de sangue.

O doutor Antonio Pose Reino, médico internista no CHUS en Santiago, acompáñanos pola área onde desenvolve o traballo e visitaremos o seu despacho onde nos contará as diferentes casuísticas que se poden dar na súa especialidade.

En Burela no centro de saúde desta localidade ímonos encontrar con Arantxa Miguel Gómez. Contaranos como os problemas relacionados coa ansiedade son un mal dos nosos días. Ademais con ela tamén coñeceremos como é unha consulta de atención primaria, dende a parte médica ata a parte máis humana, xunto a unha doente.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: