CRTVG

Buscar

Cultura 10

Cultura Rockabilly

29/01/2011 15:34 h

No que vai ser o último programa desta tempada, o equipo do espazo cultural "Cultura 10" descubriranos como funcionan e traballan os reporteiros que rastrexan as expresións artísticas e culturais da comunidade. O tema central de hoxe vai poñer enriba da mesa o presente e o futuro do teatro e da dramaturxia galega, a través de tres xeracións actuais, Vanesa Sotelo, que recibiu o premio de teatro "Robreino" da escena catalá; Cándido Pazó, no medio dos ensaios da súa obra "Das memorias dun neno labrego", e o máis histórico deles, Manuel Lourenzo, con corenta anos como actor, director e dramaturgo.

O programa realizará tamén unha aproximación ao mundo do rockabilly en Galicia, o das cazadoras de coiro, os topetes e os cadillac, a partir do concerto "Boogy nights", na sala Capitol de Santiago, onde fala con algúns dos grupos que acoden a esta cita, "Crazy Cavan", "Hound dogs" e "Dr.Gringo". Outros puntos do escaparate artístico son a Bienal internacional de Gravado que se pode ver en Ourense, un dos certames máis prestixiosos do mundo, ao que concorren 6200 creadores de 67 países; o concerto do grupo electrónico experimental "Discolaspalmeras", en Santiago, e a exposición "En construción 3", terceiro capítulo da colección de pintura contemporánea da Fundación Barrié de la Maza en Vigo.

A reporteira chinesa Ting Ting ofreceranos outra maneira de ollar Galicia, a través da súa visión de estranxeira, que percorre hoxe a vila de Cedeira e toda a súa contorna paisaxística, con santo Andrés de Teixido e os maiores cantís de Europa. Amais, a escritora Luísa Castro despedirá o programa cunha entrevista co conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: