Criaturas

Cap.126: Anduriñas e cabalos

17/12/2011 - 22:00 h
Compartir en Facebook

 Coñecemos realmente como transcorre a vida no reino animal? O programa que une pontes coas nosas mascotas encárgase hoxe de encamiñarnos a este terreo, viaxando primeiro a Lalín, onde Moncho, un rapaz que está comezando a criar cabalos, amosaranos dous equinos, Niebla e Potemkin, que están no proceso de “intimar” como parella.

  O equipo do programa, con Juan Fuentes á fronte, tamén viaxará ata O Morrazo para coñecer o apaixonante mundo das andoriñas, unhas criaturas que teñen conquistado o corazón dos veciños da zona cando volven todos os anos. E tamén acompañaremos ao quirófano a Aira, unha cadela que ten uns “celos” bastante complicados, para saber se a veterinaria pode mellorar coa intervención a súa calidade de vida.

  Na sección en que personaxes famosos nos amosan ás súas mascotas, hoxe está o cantante Quim Barreiros, que nos vai presentar as súas cabras, Manuela e Juan.

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.