CRTVG

Buscar

Conexións

Capítulo 19: Innovar dende a terra e o mar

18/12/2010 19:42 h

Na edición deste serán de "Conexións" reflexionarase sobre o que representa a innovación desde a terra e o mar, xa que neste eido Galicia está a facer unha importante aposta, incorporando investimento en investigación para que as empresas sexan máis produtivas.

No tempo da entrevista, Iolanda Vázquez conversará con Antonio García Allut, director da Fundación Lonxanet para a pesca sustentable, que desde o ano 2001 realiza varios proxectos destinados a promover a sustentibilidade da pesca artesanal en Galicia, en Latinoamérica e no norte de Marrocos.

Nesta ocasión, os divulgadores científicos Javier Pedreira "Wicho" falará de competitividade na rede; e o monologuista Xurxo Mariño comentará como os mamíferos son os máis innovadores.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: