CRTVG

Buscar

Como galegos!

Nima, Ladon e Dakpa, Wilka e Israel

02/04/2016 11:30 h

En Ventoselo está o mosteiro budista tibetano máis grande de Europa e os espectadores coñecerán os seus anfitrións, Nima, Ladon e Dakpa, uns rapaces que revolucionaron a vida desta parroquia, namorando todos os seus veciños.
A seguinte protagonista será Wilka, unha rapaza que é a mellor ponte entre as dúas Galicias do planeta: a nosa e a dos Cárpatos. Esta polaca chegou a Santiago de Compostela de Erasmus e aquí atopou o amor en maiúsculas: o do seu home e o do Camiño de Santiago, ruta que coñece como a palma da súa man.
Finalmente, “Como Galegos!” estará con Israel, un rapaz que non dubidou en deixar México para emprender unha nova vida en Ourense.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: