CRTVG

Buscar

Como o da casa non hai

Pedro Roldán, Patricia Sanguiao e Diego Sánchez

15/12/2013 20:00 h

O equipo do programa “Como o da casa non hai” viaxa esta semana a Melide para seguir descubrindo receitas de tradición familiar arquivadas na memoria de persoas que, xenerosamente, deciden compartilas. Da man de María Mera, os espectadores da TVG coñecerán a Pedro Roldán, Patricia Sanguiao e Diego Sánchez, tres novos concursantes que descubrirán por primeira vez ao mundo as súas receitas máis especiais, neste caso de repostaría.

Pedro, de orixe catalá, preparará unha sobremesa homenaxe que mestura o mellor da crema catalá e dos famosos amendoados de Melide, un prato con entidade propia: crema de laranxa con galletas amendoadas da sogra Fina.

Pola súa parte, Patricia, unha rapaza que combina o traballo na explotación gandeira familiar co estudo da súa gran paixón, a repostaría, preparará torta semifría de queixo con piruletas de chocolate, unha receita con produtos 100% da casa.

Finalmente, cunhas tortaletas de requeixo con base de melindre, Diego faralles unha homenaxe aos famosos melindres de Melide cunha receita medio inventada e medio herdada da súa nai.
Os tres terán que elaborar as súas receitas na Pousada Chiquitín para un comedor ateigado de comensais e baixo a atenta mirada da xefa de cociña e experta en doces, Eva González, a quen lle corresponderá seleccionar a sobremesa gañadora, que pasará a formar parte da carta do establecemento durante un mes.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: