CRTVG

Buscar

Comando chef

Programa 39: Lucía Pérez

06/02/2011 20:27 h

O equipo de "Comando Chef", experto en cumprir soños persoais, achégase esta noite á casa do mineiro de Licín, en Lugo, para facer realidade un dos desexos de Nuria, fan número un da cantante lucense Lucía Pérez. Para "asaltar" a súa casa o programa conta coa complicidade do pai de Nuria, José Antonio, que non dubidou en atender as esixencias do guión, que pasan por atopar algúns elementos vitais para preparar a cea sorpresa.

Ao paso polas distintas dependencias da casa, o equipo do programa encóntrase con Pepe "O mineiro", que resulta ser o avó de Nuria, quen lles brinda a súa confianza, para logo terminar con André Arzúa na cociña, onde puido atopar lagostinos, mexillóns e grelos. Namentres, parte do equipo está pendente de recibir na caravana a convidada sorpresa de hoxe, Lucía Pérez, unha das figuras emerxentes do panorama musical galego, que se uniu nun abrazo coa súa fan número un, para compartir con ela a velada e os seus proxectos profesionais inmediatos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: