CRTVG

Buscar

Coa luz do corazón

Paseando polas nubes

28/02/2022 17:12 h

Corina quere ser aviadora. Poderá selo? Non hai nada que ela non intente. Voar foi un dos soños da humanidade durante moitos séculos, pero ata 1903 non se levou a cabo o primeiro voo nunha nave propulsada por medios propios.

Hoxe intentaremos que Corina sinta as mesmas sensacións que os que participaron nese primeiro voo, os irmáns Wright, aínda que esas sensacións estarán condicionadas pola forma distinta en que ela percibe a realidade. Iremos ao aeródromo que utiliza a Escola de Voo do Real Aeroclub de Santiago e, alí, co piloto Claudio Guridi, Corina poderá aprender a manexar un avión.

Atopar capítulo por: