CRTVG

Buscar

Celtic dance

Celtic dance

06/01/2017 09:30 h

Programa musical en que se combinan as experiencias de aprendizaxe dos bailes tradicionais de Galicia e Irlanda. A prestixiosa escola de danza Dominic Graham School e os centros galegos de música tradicional O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos fannos partícipes, en “Celtic Dance”, do seu día a día, da preparación dos seus bailaríns e da súa dedicación para preservar e difundir a cultura tradicional de ambas terras.

Durante 68 minutos, asistir a un animado percorrido por Irlanda e Galicia, cos seus costumes, culturas, coincidencias de ritmos e pasos de baile, todo desde o punto de vista de cativos e o denominador común do baile tradicional.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: