Ana e Julio están convencidos de que só se vive unha vez. Os dous queren compartir cada experiencia xuntos, sen soltar as súas mans, tanto nos bos coma nos malos momento.
Esta parella ten claro que coñecerse foi o mellor que lles pasou na vida e, para demostralo, queren romper moldes e celebrar as súas vodas de prata antes do que marca a tradición. Pero o que parecía a preparación dunha sinxela celebración estase a complicar por unha serie de imprevistos. A cerimonia está no aire e o soño de Ana de festexar as vodas de prata no lugar que a viu medrar está en perigo.
Valoración
