CRTVG

Buscar

Casa de comidas

Programa 10

28/01/2018 23:45 h

A primeira parada é O Recuncho de Pepe e María, que leva aberto 18 anos  no seu emprazamento actual, a parroquia de Cubelas, no concello de Castroverde, pero os seus donos fixéronse moi populares cun restaurante-bar que tiveron en Lugo, “O Candil”. Decidiron trasladarse á aldea, onde restauraron a casa do avó de María. Neste local contan cunha cociña de leña onde fan pratos de cociña caseira, entre os que destacan o seu guiso de lumbrigante e o cocido. 

O restaurante-tapería Arruaz, da Guarda, caracterízase pola súas zamburiñas, así como polos seus peixes variados, ademáis das súas croquetas, luras e, tamén, a súa espetada de rape e lagostinos. Proveñen dunha familia de mariñeiros e o nome do local é en homenaxe ao avó do actual responsable, quen tiña o alcume “arruaz”. Tratan de manter a tradición a través das receitas da avoa.

O Hotel Casa Pituxo, do Carballiño, iniciou a súa actividade hai máis de 80 anos. Na actualidade está rexentado por José Nóvoa, que representa a segunda xeración do negocio, e é axudado polos seus fillos. Entre as súas especialidades destacan a carne ao caldeiro, a carne estufada, o polbo á feira, o bacallau á galega ou á prancha e o cordeiro.

O restaurante Doña Ana, de Santiago de Compostela agora ten unhas instalacións modernas, pero conserva a esencia das casas de xantares, xa que ofrece sempre comida caseira. Dispón dun espazo luminoso coa súa terraza acristalada e os pratos máis representativos da súa cociña son o rodaballo, o cocido, o cordeiro e o galo.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: