“Alalá” volve á grella da Televisión de Galicia, agora os sábados en horario de sobremesa, ás 16.15h, continuando co seu cometido de identificar as voces e persoas que traballan día a día para rescatar a memoria da música folk galega. O espazo, que conduce Pilar García Rego, inicia hoxe a súa sétima tempada con Fonteliño, agrupación integrada por mulleres que están a dar moito que falar, xa que conseguiron mesturar á perfección os ingredientes necesarios para que o resultado sexa unha larpeirada moi tentadora.
No equipo de Fonteliño xuntouse o talento coa ilusión que tiñan agochada as súas compoñentes desde había anos. Tiñan moitas ganas de cantar, de triunfar e de comer o mundo, porque cando eran máis novas tiveron que dedicarse a traballar e a coidar dos fillos e as afeccións deixáronas a un lado.
Pero chegou o intre de gozar dos luxos da madurez e un deles foi emprender un novo camiño: aprender solfexo, a tocar instrumentos -como a gaita-, perfeccionamento das técnicas vocais... unha chea de novas sensacións. Tanto se empeñaron que, o que comezou cun curso de pandeireta, continuou cun salto aos escenarios, con todos os ensaios de rigor; cunha mestra de excepción, Ana Senlle, e coa gravación dun disco
