CRTVG

Buscar

O Camiño Portugués pola costa

Santiago (2ª parte)

08/10/2016 15:45 h

Anxo e Marta, os aventureiros do “Camiño portugués de Santiago”, que chegaron na anterior etapa a Compostela, poñen fin unha viaxe que comezara no Porto. Neste programa percorren a cidade do Apóstolo, cunha visita polos lugares máis emblemáticos de Santiago e a consecución da ansiada compostelá. 

Pasean polos parques da Alameda e de Bonaval. O primeiro é, desde o século XIX, o principal parque urbano de Compostela e punto de referencia dos paseos e o ocio dos seus habitantes. Ademais, conta cunha excepcional perspectiva da Catedral ao bordear a cidade histórica. Bonaval, pola súa parte, é un espazo rehabilitado pola arquitecta galega Isabel Aguirre e o portugués Alvaro Siza, que converteron a localización do antigo cemiterio dun convento dominico noutra das grandes zonas verdes de Santiago. 

Os viaxeiros visitan tamén os dous museos máis importantes da cidade: o do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea. 

Logo de darse conta de que non teñen a credencial que recoñece o seu esforzo, van correndo recollela e sofren algúns contratempos, para rematar oficiando eles mesmos a cerimonia dos peregrinos e así cumprirlles o desexo de casar en Compostela.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: