CRTVG

Buscar

Caderno de bitácora

Julio Vidal Rajó, entre o mar alto e o mar do percebe

17/04/2021 20:00 h

Un dos oficios máis singulares do mar é o de percebeiro, e hoxe imos coñecer a traxectoria dun percebeiro de Cangas, nacido na parroquia de Coiro: Julio Vidal Rajó. Foi percebeiro durante 21 anos, principalmente nas simbólicas Illas Cíes. Julio é exemplo do carácter dos mariñeiros de Cangas, bravo e sentimental a partes iguais.

Para coñecer a Julio contamos coa súa muller Esther Saa, traballadora da conserva, coa que ten dous fillos, e tamén co percebeiro que compartiu tanto tempo no mar con el, Lolo Martinez. Eles van axudarnos a homenaxear ao bravo percebeiro, porque Julio é dende hai tempo o noso amigo.

Atopar capítulo por: