CRTVG

Buscar

Buscando Ardebullo

O Couto

26/04/2016 22:30 h

 X. A. Touriñán, Marcos Pereiro e o seu pai, Manolo Pereiro, os tres protagonistas de “Buscando Ardebullo”, viaxarán esta semana á Costa da Morte, concretamente ao Couto, no concello de Ponteceso, unha aldea chea de vida, onde se organizan múltiples iniciativas culturais. 
Os tres condutores do programa da Televisión de Galicia tratarán de coñecer de primeira man os habitantes da contorna e de familiarizarse coa súa paisaxe e a súa cultura. O Couto acolle eventos como a Escola de Verán, aberta hai máis de tres décadas pola Asociación Monte Branco para formar a nenos de todas as idades durante o período estival; o Festiletras, que, coincidindo coa semana das Letras Galegas, compaxina música, artes, humor, gastronomía e artesanía, ou o festival de música pop Con V de Valarés, que se celebra na praia do mesmo nome.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: