CRTVG

Buscar

Bum, Bum, Búmerang

Bum, Bum, Búmerang (26/09/2012)

26/09/2012 23:45 h

   Aínda que o verán xa rematou oficialmente, o programa “Bum, Bum, Búmerang” sigue de preto os rescaldos do estío galego a través dun novo percorrido, refrescante e divertido, polas múltiples e variadas maneiras de pasalo ben durante o tempo de lecer vacacional.

    O “vixiante da praia” visita Riazor, o areal urbano por excelencia da Coruña, mentres que Olalla Rivas, a reporteira noctámbula que cada semana visita unha localidade típica da movida galega, irá de copas a Santa Comba. Pola súa parte, o reporteiro de feiras do programa, Ricardo Pardo, marcha nesta ocasión a Tui, e Isabel Risco, que cada semana sae en busca de turistas por Galicia, está cun arxentino na romaría dos Caneiros.

     Por outro lado, o espazo da TVG ofrece dúas reportaxes, unha sobre as posibilidades de practicar deportes náuticos que ofrece veranear en Baiona, e outra sobre a celebración do 825 aniversario da pequena vila ourensá de San Miguel de Mones, na comarca de Valdeorras.

    Ademais, o televisivo Xacobe Pérez comparte unha cervexa co programa; os membros da charanga Km Cero falan da que é para eles a canción do verán; Trillo e Anastasia ofrecen as súas clases de baile nun campamento de verán; os habitantes da localidade pontevedresa de Cuntis demostran como se pode sobrevivir ao verán sen praia e as enquisas a pé de rúa dirannos con quen lles gusta veranear aos galegos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: