CRTVG

Buscar

A cicatriz branca

09/09/2019 17:52 h

Ao longo da primeira metade do século XX, miles de mulleres saíron soas de Galicia cara América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, da noite á mañá, despedida. Sen lugar ao que ir nin ninguén a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites na Estación Constitución onde a súa vida se enlaza coa doutras emigrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas e un día a norma esnaquízase por algo tan simple como quedar prendada dunha situación que non sabe nomear.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: