CRTVG

Buscar

Anacos de vida

Celanova

09/01/2016 11:15 h

O programa, realizado por Arraianos Producións, parte de fotos antigas para coñecer as historias que hai detrás de cada imaxe, anacos de vida que todos gardamos con agarimo nas nosas casas.
As fotos da vida son as que van propiciar un diálogo interxeracional entre os maiores, que son os que coñecen as historias, e os novos, os dixitalizadores, que son os que procuran as mellores imaxes do lugar e que teñen as destrezas dixitais para conservalas e divulgalas. 
“Anacos de Vida” pretende contribuír a recuperar as pequenas historias das vilas e cidades de Galicia, a través da súa memoria oral e gráfica, desde un punto de vista contemporáneo, vendo como cambiaron os espazos, as festas, o comercio, a música, a escola, o deporte, a xuventude e a vida cotiá, co obxectivo de recuperar do esquecemento o relato colectivo dun pobo a través das mellores fotos antigas e das historias que agochan. A cita desta primeira experiencia é na localidade ourensá de Celanova.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: