CRTVG

Buscar

Amor na rede

Óscar e Teresa

05/10/2016 01:00 h

O programa de citas da Televisión de Galicia está chegando á fin da súa temporada. Na súa despedida, “Amor na Rede” preséntanos a Óscar, un lucense de 25 anos moi tímido e cun corazón que non lle cabe no peito. É o único sen moza do seu grupo de amigos. Segundo el, é o solteiro de ouro; segundo eles, o que queda sempre descolgado.
A misión de Itzíar Villar, a psicóloga do programa, é atoparlle unha pretendente que sexa, polo menos, tan riquiña coma el. E a elixida é Teresa, unha rapaza de 23 anos da que Óscar queda namorado nada máis vela. Os nervos vanse apoderar de Óscar que procura saír airoso das preguntas do test para intimar, que a el lle parecen máis un exame de oposición.
Pero Óscar tenlle gardada a Teresa unha sorpresa para a cea, algo que ela non pode imaxinar nin de lonxe e que fai que mude o curso do programa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: