CRTVG

Buscar

Adiviña quen vive aquí

Adiviña quen vive aquí (20/05/2012)

20/05/2012 22:30 h

Unha viaxe sentimental e divertida para pisar o mesmo terreo que algúns mitos musicais galegos, como Pucho Boedo, Juan Pardo, Julio Iglesias, Ana Kiro, Andrés Dobarro ou Luz Casal.

    Paula Señarís e Alicia Lombán presentan o programa, que nos vai axudar a descubrir outras historias arredor destes artistas, a través dos testemuños dos que compartiron a vida con eles. Así, as fillas de Juan Pardo cantarán para nós os temas de seu pai, namentres pasean os seus recordos de infancia pola ría e cidade de Ferrol, onde cantaron por primeira vez con el: “Meu pai era un bechiño nervioso”, di unha delas.

    Na Coruña saberemos que o gran músico Pucho Boedo segue a ser recordado polas novas xeracións, mesmo namentres xogan ao fútbol; as pegadas deixadas por Ana Kiro na súa terra natal, Arzúa, onde ninguén a esquece; en Ferrol, as historias e anécdotas dos veciños que compartiron vivencias con Andrés Dobarro; en Boimorto (A Coruña), terra de Luz Casal, onde recordan a toda a súa familia e onde cada vez que regresa lle dan unha agarimosa e multitudinaria homenaxe, e aquelas curiosidades que se contan de Julio Iglesias en Cangas de Morrazo, onde pasou moitas temporadas de verán.  

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: