CRTVG

Buscar

A vide de Cachín

A plantación

05/04/2016 22:00 h

Os espectadores verán como, rematadas todas as tarefas da colleita, Cachín está a pensar xa no paso seguinte, que é plantar e fertilizar o chan. Para isto falará das variedades e dos portaenxertos. Pola súa parte, Vitiño fará unha visita a unha adega da Ribeira Sacra en Sober (Lugo), onde estará con Iván Gómez en Regina Viarum.
Mentres, o sumiller Xoán Cannas acudirá desta volta co seu amigo, o físico Jorge Mira, ata a facultade de Químicas de Santiago, onde se fan estudos sobre os viños galegos, e realizará a súa cata a cegas co músico e presentador Tonhito de Poi. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: