CRTVG

Buscar

A miña familia pola túa

Programa 9: Marisa e Suso / Arantxa e Roberto

03/03/2021 22:30 h

Dúas familias opostas. Unha, defensora dos costumes e a outra, das tendencias actuais. As nais intercambian as súas vidas entre si durante unha semana de convivencia. Marisa, a nai xubilada de Cordeiro, é unha muller do país, das de toda a vida. Traballadora, ama de casa e virtuosa do punto de cruz. No chan do seu fogar pódeste ver reflectido e, como en todo bo salón galego, os tapetes feitos a man acompañan o sofá. A familia ocúpase da horta e crían galiñas e capóns que despois reparten cos fillos en datas especiais. A cociña e a lavadora son cousa dela, e aínda ten tempo para lle botar unha man ao home cos choios que día a día son precisos para ter todo o seu impecable. Será quen de aceptar unha vida sen horarios e orde? Conseguirá inculcar o seu sentidiño entre a xente nova? Superará o reto que aceptou? Arantxa é unha rapaza moderna de Vigo, seguidora das tendencias actuais. Vive co seu mozo e o deporte é o seu obxectivo común, xa que el gañou varios títulos de primeiro nivel. Ámbolos dous comparten un bungalow, que só é un lugar de paso, xa que o mundo redúcese a un ximnasio a medio construír que el rexenta. Aínda que ela, seguidora do Feng shui, trata de levar orde e boas enerxías ao espazo que comparten, polo de agora o amor vai por riba das disciplinas orientais. Será quen de levar consigo toda a harmonía china que coñece? Poderá mudar as tradicións herdadas ao longo de xeracións? Que ocorrerá cando estas mulleres impoñan as súas propias normas? Adaptaránse as familias a vivir baixo unhas regras que son totalmente contrarias ás súas?

Atopar capítulo por: