CRTVG

Buscar

A mellor música do mundo

A mellor música do mundo

11/02/2017 19:30 h

A Televisión de Galicia sae na procura de “A mellor música do mundo”.  No programa faise un percorrido por unha chea de historias de xente que vive rodeada de música. En Vilalba, coñecemos como é o día a día de Cinema, unha das orquestras de moda en Galicia. Tamén a coral Alameda e a Helénica abren as súas portas para vivir unha xornada de música con eles. Outra das grandes protagonistas do programa é a Banda de Música de Calo.

Nos concellos de Cambre e Vedra, na provincia da Coruña, atopamos as charangas NBA e BB+, formadas por auténticos apaixonados da música e da xolda. Na Baña, móntase unha gran foliada con xente de todas as idades. En Melide, os grupos de canto de taberna saen de ruta polos bares para bailar, cantar e tomar unhas cuncas de viño.

“A mellor música do mundo” non sería o mesmo sen a participación das tunas. A de veteranos da Coruña é unha das máis prestixiosas, e os seus membros son uns auténticos profesionais da verbena galega.

O programa tamén recolle a paixón da cantante Tania Veiras, o amor pola música do gaiteiro de rúa David Melero, e a arte de César Freiría da osquestra Pantasma. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: