CRTVG

Buscar

A mellor castaña do mundo

A mellor castaña do mundo

17/11/2016 23:30 h

A partir deste froito, os espectadores coñecerán as historias humanas dunha chea de personaxes. Xente anónima que fai das castañas e o magosto unha forma de vida. Os reporteiros de "A Mellor Castaña do Mundo" achegaranse a Allariz, onde descubrirán as propiedades da castaña falando con auténticos expertos do país.No Riós asistirán a unha recollida de castañas na que participan unha chea de veciños. Todo un acto social no que colaboran nenos e maiores para encher ducias de sacos deste froito. Tamén viaxarán a Muros, na provincia da Coruña, para pasar un día coa agrupación folclórica Ximiela, que vive esta época con moita alegría, música e baile.O equipo do programa, acompañado dos mellores cociñeiros galegos de hoxe en día, descubrirá como preparalas de xeito tradicional, e tamén coñecerá outras formas máis innovadoras. Para gozar dunhas boas castañas non se poden esquecer os magostos. Así que  tamén acompañarán os asistentes do magosto tradicional de Folgoso do Courel, en Lugo, do magosto urbano de Ourense, e do divertido magosto infantil no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Para que non falte de nada, "A Mellor Castaña do Mundo" ofrecerá actuacións musicais para homenaxear as raíñas do outono, as castañas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: