CRTVG

Buscar

A liga dos cantantes extraordinarios

Programa 2

11/07/2019 22:00 h

GALA 2: César Romero., Iria Riola, Santi Pulido, Laura Añón, Eulícer Aróstegui, Rosa do Mar, Noly, Peke Este novo concurso, que presenta o versátil Paco Lodeiro, busca cada semana a mellor voz entre oito cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Ao remate de cada gala, só un aspirante se clasificará para a gran final do programa. Cada cantante ten que defender un tema que lle propón o xurado e que representa a súa bancada con estilos moi diferentes. No primeiro programa, tras resolver a fase semifinal entre César Romero (orquestra Cinema) e Tania Veiras (grupo Tania Veiras), coouse Tania Veiras na primeira praza para a gran final. Nesta segunda edición, o canario Santi Pulido, da París de Noia, entrará en substitución do seu compañeiro Diego Moreira e Laura Añón, da orquestra Finisterre, pasará a ocupar o lugar deixado por Tania Veiras na primeira edición. Estes dous novos cantantes incorpóranse ao grupo de aspirantes, integrado por Noly (Los Satélites), Rosa do Mar (orquestra Miramar), César Romero (orquestra Cinema), Peke (La Fórmula), Eulícer Arostegui (orquestra Olympus) e Iria Riola (orquestra Trébol). ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ contará a maiores esta noite coa visita de Blas Piñón, representante e antigo membro da orquestra París de Noia, que xunto co noso presentador Paco Lodeiro e Lito Garrido abrirán o programa cunha posta en escena moi divertida, facendo versións e mesturando títulos moi recoñecibles.  O xurado, formado por Pili Pampín, Lito Garrido, Mon (Monopolius Dop) e Lucía Pérez, é o responsable de avaliar cada actuación dos 8 cantantes. Amais, no programa gozarase coas colaboracións dos televisivos Pepe Capelán e Ariadna Leis.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: