CRTVG

Buscar

A cociñeta

Homenaxe a Victoria Oubiña

17/04/2021 18:30 h

 No programa de hoxe, a elixida é Victoria Oubiña, unha esforzada mariscadora que leva mais de 60 anos poñendo en valor o seu oficio nas praias de Cambados. Esta muller non só é unha incombustible traballadora do mar, senón que tamén axudou a crear unha importante asociación que ten como principal actividade as visitas guiadas para turistas polas praias e bancos marisqueiros de Cambados.

Para coñecer mellor á nosa homenaxeada Adri organizará unha das mais complicadas espionaxes que fixo ata o momento, cambiando de identidade – e de sexo-, para achegarse á Victoria sen que o recoñeza.... Estade moi atentos, porque será o nunca visto! Ademais, nesta homenaxe sorpresa os cociñetos contarán con moitos cómplices para que todo saia á perfección: amigos, familia, compañeiros de traballo e cociñeiros; Sendo estes últimos, os responsables de poñer a súa arte ao servizo da sorpresa. 

Atopar capítulo por: