CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Negra sombra

14/01/2015 22:45 h

   O concello de Ardebullo decide instalar un farol no medio da horta de Mucha e Nucha. As irmás de Ardebullo non dubidan en denunciar o concello e facer todos os trámites necesarios para que a quiten. Pero, coma sempre, todo canto sucede en “A Casa da Conexa” se acaba enredando e nada é o que parece.

   Para continuar co entretemento, nesta edición do programa os espectadores da Televisión de Galicia poden ver unha nova entrega de “Cultura Galega”, a sección en que Mucha e Nucha intentan achegar e explicar algúns dos feitos e tradicións moi arragaidas na nosa cultura. Hoxe, por exemplo intentan desmentir algúns dos tópicos que hai sobre os galegos, como se somos desconfiados ou se respondemos sempre cunha pregunta, entre outros. No consultorio, Mucha fai de compoñedora cun espectador que recorre a elas porque ten unha lesión de xogar ao futbolín.

   A edición complétase cos sketchs doutros personaxes tamén moi recoñecidos pola audiencia galega, como os cociñeiros Moncho e Xosé Ramón, a cuadrilla de “Protesión Sivil”, o matrimonio dos Roncha ou a oficina de funcionarios, así como tamén novas entregas das tiras cómicas animadas do debuxante Luís Dávila.

   Coma sempre, de peche do programa, un novo éxito musical versionado por Mucha e Nucha. Hoxe toca un tema de Camela, que lle dedican á súa irmá Pepucha. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: