CRTVG

Buscar

Feirantes

Programa 9

01/09/2017 23:00 h

Os aspirantes a gañar o concurso nesta edición son David, da Coruña; Elio, de Lugo e Iria, de Outeiro de Rei. Os tres intentan buscar unha boa puntuación de cara a ter posibilidades de estar na final do certame.

Marta Doviro está acompañada no estudio polo equipo de mestres polbeiros, que integran Mercedes Rodríguez, de Pulpería Neira; Amador Porta, de Polbeiría Porta da Estrada, e Paco Gómez, de Pulpería Á Feira. A chef convidada é Beatriz Sotelo, do Grupo Nove, que elabora unha empanadilla tipo xaponesa, rechea cun guiso de luras.

Nesta edición, Fernando visita a feira de Melide, cos diferentes postos de verduras, froitas e embutidos. Continua o seu percorrido polo mercado gandeiro, que ostenta o segundo posto de feira do gando máis importante de Galicia, sendo o segundo domingo do mes a máis grande de todas. 

Amenizan o programa o humorista Pedro Brandariz, o Mago Richard, o grupo galego Brath e a orquestra Essencia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: