CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 78: O porco dá para moito

26/04/2011 22:11 h

Os lambóns máis simpáticos achegarannos unha xornada máis de gastronomía ilustrada, en que o prestixioso cociñeiro galego Xosé Cannas será o encargado de preparar unhas rinchas en escabeche. O convidado do mestre Benigno ten un restaurante en Poio (Pontevedra) e goza dunha estrela Michelín, sen embargo hoxe vai preparar un prato moi típico das conservas, rinchas en escabeche con puré de patacas.

Xa que o programa vai de conservas, Tomás Alonso desprazarase ata Ribadumia, na comarca do Salnés, para visitar a fábrica Conservas de Cambados, onde contará coa veterana Mucha para que lle aprenda todos os segredos sobre como preparar unha boa lata de mexillóns en escabeche e quen sabe se o noso investigador descubrirá a receita orixinal deste prebe.

Máis tarde, o intrépido reporteiro pasará polo mercado do Grove para mercar media ducia de rinchas no posto de Loli, amais dunhas ricas verduras e uns amorodos para o camiño, antes de chegar á casa rural onde se cociña todo, onde agarda o mestre Benigno co seu convidado especial.

Atopar capítulo por: