CRTVG

Buscar

Galicia viva

Programa 77

23/02/2018 19:00 h

“Galicia Viva” despide a semana asistindo en directo á festa dos candidatos aos Premios Mestre Mateo, a gran festa do audiovisual galego que se celebrará o vindeiro 3 de marzo. O programa conversa con algúns dos finalistas nas diferentes categorías e tamén coa actriz María Bouzas, galardoada co Premio de Honra Fernando Rey.

Aproveitando o bo tempo en Galicia un equipo do programa diríxese ás termas de Outariz, un paraíso termal para os ourensáns. Vemos como pasan a tarde os ourensáns e como se coidan con algún dos tratamentos que tamén se ofrecen. 

“Galicia Viva” despídese con música, desde Lugo e co músico Abrahan Cupeiro e cos seus instrumentos do pasado.

Atopar capítulo por: