CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 75: Marabillas do bosque

05/04/2011 22:04 h

Benigno Campos vai preparar, entre conversa, cancións e humor, un prato inspirado nas marabillas do bosque: polo campeiro con cogomelos.

Pero para chegar a manxar tan exquisito, o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata a localidade lucense de Vilalba, onde o seu amigo Juan converte o noso larpeiro itinerante nun experto apañador de cogomelos, que vén sendo un xeito de gozar da natureza se vas cun entendido na materia que che explique a maneira axeitada de apañar os cogomelos, tendo en conta que das 1.600 especies que hai nos montes galegos só 200 son comestibles.

Na súa aventura polos mercados, Tomás coñecerá as carniceiras do mercado de Lugo, xa que vai ser unha delas a que lle venda un polo campeiro de primeira división. Co polo, Benigno e Lola, ademais de facerlle unha homenaxe na cociña, poderán dedicarlle unhas bonitas cantigas coas que adubar o prato.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: