CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 72: Peixe grande ande ou non ande

15/03/2011 21:59 h

O equipo de "Larpeiros" da Galega métese esta noite nunha nova aventura gastronómica, con máis humor, conversa e cancións, onde o comandante dos lambóns, Benigno Campos, vainos preparar un prato ilustrado, congro con fideos, para degustalo na compaña de máis larpeiros, no pazo onde se cociña todo.

Pero para realizar a proposta deste manxar tan exquisito, o xornalista de investigación, o larpeiro Tomás Alonso, percorrerá aqueles lugares de Galicia onde se atopan os mellores e máis axeitados ingredientes, desprazándose hoxe ata a localidade de Ribeira, onde terá que vestir de mariñeiro para saír ao mar na procura dun dos peixes máis difíciles de pescar, o congro.

Na súa aventura, Tomás vai estar acompañado por dous expertos mariñeiros que lle van explicar todas as curiosidades que teñen os congros, como que poden pesar entre 10 e 15 quilos e que están máis valorados fóra de Galicia ca no interior. Cunha bolsa dos mellores fideos e cun bo congro que mercará na praza de Abastos de Pontevedra, Tomás xa pode achegarse ao pazo dos larpeiros cos ingredientes precisos para elaborar a proposta.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: